Información a toda a Comunidade Educativa

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

Marco Legal : Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Primaria e Secundaria para o Curso 2017-2018.

 

1º Fondo Solidario do Banco de Libros do Centro para3º ,4º ,5º e 6º de Primaria.

2º Axudas para mercar libros ( vales ) para 1º e 2º de Primaria.

3º Axudas para adquerir material escolar ( toda primaria ).

 

O alumno que participa no Fondo Solidario terá prioridade en orde inversamente proporcional a renda per cápita da unidade familiar ata que se agoten as existencias ; neste caso, se procede , mercará o centro os libros.

a) Con renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros : 6 libros de texto.

b) Entre 5400 e 9000 euros : 4 libros de texto

 

Axudas vales para mercar os libros de 1º e 2º de Primaria .

a) ata 5400 euros ( vale de 170 euros )

b) entre 5400 e 9000 euros ( vale de 90 euros )

 

Para material tódolos alumnos que non pasen de 5400 euros ( vale de 50 euros ).

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 

Na declaración da Renda do ano 2015 hai que sumar o recadro do 380 e 395 de tódolos membros computables da familia ( no computo da unidade familiar contarán doble aqueles membros que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 33%). Aqueles membros da familia que non fagan declaración da renda , terase en conta os igresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal da Administración Tributaria. . Estas comprobacións serán feitas pola Administracióm, logo de que Vdes. non se opoñan á súa consulta.

 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

 

- Devolver os libros de texto do fondo solidario do Curso 2017-2018 ( agás 1º e 2º de Primaria.

- Conservar en bo estado os libros que usarán o vindeiro Curso.

- Gastar o diñeiro dos vales dos libros de 1º e 2º só en libros de texto.

-Aqueles alumnos que obteñan o vale de material escolar só poderán empregalo en material escolar.

 

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Deberán cubrir e firmar os impresos e entrgalos no Centro, tendo de prazo ata o día 23 de xuño de 2017 ( este incluído ); na devandita solicitude xa van explicitadas os consentimentos , autorizacións ou documentación que deben presentar, polo que non o imos repetir neste escrito; en todo caso , a documentación deberá reflectir a situación persoal, familiar ou económica a 31 de decembro de 2015.

Resumindo, poden Vdes. consultar a Orde do 16 de maio de 2017 ( DOG 22 de maio de 2017). Asemade na solicitude aparece a documentación necesaria e as diferentes autorizacións que deben asinar.

 

De calquera xeito, poden acercarse ao centro educativo a fin de solventar as diferentes dúbidas que xurdan. 

Un saúdo.