Celebración do Día da Paz

Aínda que o Día da Paz en todo o mundo celébrase o 30 de xaneiro, o CEIP López Estrada vaino celebrar o martes, 31 de xaneiro xa que o día 30 (luns), veñen os biólogos de Cuarzos Industriais a realizar as mensuais actividades de Voz Natura ("Tras las huellas de Sonia") co noso alumnado.

Explicado esto, queremos agradecer en primeiro lugar a axuda prestada polo AMPA "fillos de Mañon" que xentilmente pintaron o fondo de boa parte do muro do patio para que os bos mestres debuxantes, nos que non me inclúo, poidan amosar as súas creatividade. Así, finalmente o día 31, o alumnado dará as cores e estas desanxeladas paredes pasarán a ser algo bonito e significativo. Seguro que entre as diferentes festividades das "Letras Galegas" e outros "Días da Paz", acabaremos facendo máis alegre os exteriores do noso vello e bello Escolar.

Xa, e para rematar este escrito dicirlles que o 31 de xaneiro ás 16:15 h os nenos/as do centro cantarán no patio unha fermosa canción ensaiada e dirixida polo mestre de música, Jorge. Esperamos, se poden, a súa presenza na breve actuación.

Agardemos que os fenómenos meteorolóxicos nos acompañen para desfrutar desta xornada.

 

 

Saúde, Mañón.