Blogues

Este venres puidemos desfrutar dunhas fermosas cancións, interpretadas por unhos músicos estupendos, cos que puidemos aprender moito.

Conseguiron achegarnos a súa música e a súa cadapacidade de expresión mediante a mesma. Todos nos sentimos moi orgullosos de poder escoitar o que estas persoas transmiten, desfrutan facendo música e achegandoa aos demáis. 

Como mellora a música o desenvolvemento das persoas con discapacidade?

- É un elemento que, ao combinar os 5 sentidos, potencia o desenvolvemento sensorial, a creatividade e a motivación.

- Escóitaa e reprodución de sons musicais, a interiorización do ritmo, o compás e a melodía, inciden nas capacidades físicas e psicólógicas das persoas. Así, melloran a súa resposta corporal e a motricidad.

- A música desbloquea medos e mitiga a ansiedade.

- A música favorece a capacidade de comunicación, a expresión oral e a transmisión de sentimentos.

- A música satisfai as necesidades de lecer e evasión e constitúe unha canle alternativa para transmitir os nosos sentimentos doutra maneira, pois non todos sentimos cómodos pola vía tradicional.

Todos os membros do centro educativo, puidemos ver en primeira persoa a gran labor que fai a música como eixe inclusivo, e que por riba de todo o importante nesta vida e manterse activo e sobre todo, ser feliz. 

Aspectos importantes a ter en conta no procedemento de Admisión do Alumnado:

 

a) Normativa reguladora do procedemento de Admisión :

Orde do 12 de marzo de 2013 e Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

b) Postos Escolares ofertados polo noso Centro para o vindeiro curso 2016-2017:

Este ano e como novidade contamos cunha nova aplicación informática admisionalumnado que se empregará con carácter obrigatorio en tódolos Centros educativos. Na devandita aplicación , no menú : Solicitudes-Solicitudes de reserva- crear solicitude de reserva poden facer Vdes. a Reserva de Praza para o vindeiro Curso ou ben de forma manual ( como se fixo sempre ) presentando a Solicitude de Reserva de Praza no Centro.

Asemade, a plicación admisionalumnado calculará as vacantes asignadas para o noso Centro. De calquera xeito , saben que o LÓPEZ ESTRADA presumiblemente contará cun bo número de vacantes

c) Prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza :

- Do 1 ao 15 de febreiro de 2017

d) Prazo Informativo da presentación das solicitudes admisión :

- Presentación da solicitude de admisión : 1- 20 de marzo.

-Publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas : antes do

25 de abril.

- Publicación das listas de admitidos e non admitidos : antes do 15 de maio.

- Formalización da matrícula en Infantil e Primaria : 20-30 de xuño.

e) Garantía de permanencia do alumnado :

Unha vez admitidos un alumno/a nun centro docente , queda garantida a súa permanencia nel ata a finalización das ensinanzas ao que esté autorizado o centro.

f) Outras :

Na baremación particular de cada Centro , no noso caso terá 1 punto máis o feito de que un familiar directo fose exalumno noso.

  • A área de influencia do noso centro é o Concello de Mañón. O noso centro está adscrito ao I.E.S. De Ortigueira.

  • Os servicios complementarios do noso C.E.I.P. son Comedor Escolar e Transporte Escolar.

 

Poden Vdes. pedir as solicitudes na Secretaría do Centro. Tamén lle ofrecemos a nosa axuda en caso de dúbida ou para cubrir os impresos.

Calquera idade é boa para comezar a iniciarse no deporte, en concreto no running, que é unha das actividades físicas máis completas e saudables. A práctica do running para os nenos pode ser moi beneficiosa, tan só é necesario seguir unha serie de consellos para fomentar a actividade física.

Dende que os nenos comezan a dar os seus primeiros pasos, comezan a explorar e descubrir, e correr convértese desta forma, nunha das súas actividades favoritas, no parque, na rúa ou en casa, a modo de xogo os nenos basean parte dos seus xogos máis divertidos correndo, especialmente ao aire libre.

Con todo, cando o neno xa creceu e comeza a mostrar un interese especial polo deporte, é o momento de comezar a ensinarlle os beneficios desta práctica, aos poucos e a modo de xogo ata que se converta nunha rutina diaria. Pero para iso o primeiro paso será consultalo cun especialista o cal marcará as pautas necesarias para adaptar o ritmo do deporte á idade e constitución física do neno, en relación ao seu crecemento.

En calquera caso os beneficios do running para os nenos son indubidables e motivalos cara ao deporte fará que se convertan en nenos moito máis saudables. Para iso, nada mellor que motivarlles mediante xogos, circuítos e pequenas carreiras, de forma que sexa máis fácil comezar a corrixirlles os posibles fallos que todo corredor comete ao principio do seu adestramento.

É fundamental que o neno mostre iniciativa cara á práctica do running, de forma que acuda aos adestramentos de forma regular e mellore a súa técnica. A participación en competicións especiais para nenos e unha rutina diaria serán o primeiro paso cara ao inicio da súa carreira como corredor.

Compartimos con todos vos, as imaxes da saída do pasado venres. Onde acudimos a Moeche os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e desfrutamos dunha xornada moi entretida realizando actividade física con competición e convivencia con outros nenos/as.

 

No día de hoxe os alumnos/as de 6º curso de Educación Primaria, estivemos a coñecer o noso continente. Puidemos indagar como se forman os lagos do norte de Europa ademáis de describir e coñecer a orixe dos esteiros, accidente da xeografía moi presente na localidade na que se atopa o noso centro educativo. 

Seguimos a traballar contidos relacionados ca área de Ciencias da Natureza de forma entretida e motivante para os alumnos/as. 

 

 

 

Os alumnos/as de 4º curso de Educación Primaria desenvolveron esta fermosa actividade, na que recolleron follas autóctonas do lugar buscando unha aprendizaxe significativa e interdisciplinar.

Nesta tarefa buscouse ademáis que o alumnado recoñeza a importancia de respetar e coidar o noso entorno. 

Distribuir contido