Iniciar sesión: Acceso

REVISTA ESCOLAR

 Un novo número da nosa modesta revista escolar. Podedes descargala en formato PDF premendo sobre a portada ou vela en liña a través da ligazón da publicación en CALAMEO. MIRÁDEA CON BOS OLLOS E O ESFORZO DE TOD@S AS NENAS E NENOS DA NOSA ESCOLA. UN SAÚDO!

LUCÍA DACAL MANSO FOI A GAÑADORA DO CONCURSO "ATRÉVETE"

A alumna Lucía Dacal Manso de 6º de Educación Primaria resultou gañadora do concurso de relato "Atrévete". Nas fotos podedes ver a Lucía recollendo o seu premio na gala celebrada en Santiago.

Noraboa Lucía!!!!   Eres unha campeona!!!!Guiño

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2015-2016

No ficheiro adxunto aparece a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2015-2016.

A información está tamén nos taboleiros de anuncios do centro.

O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

ANTÓN VIQUEIRA SIEIRO GAÑADOR DO "XV CERTAME POESÍA E IMAXE"

O alumno de Educación Infantil Antón Viqueira Sieiro resultou gañador do "XV Certame Poesía e Imaxe:En galego sen filtro" do Concello de Ferrol na categoría infantil.

Aquí tedes a Antón posando moi orgulloso diante da súa fermosa obra...

Noraboa Antón!!!!!! Sorriso

Distribuir contido