Iniciar sesión: Acceso

CALENDARIOS DE XULLO E AGOSTO

DÉIXOVOS AS PLANTILLAS DOS MESES DE XULLO E AGOSTO.

SOAMENTE PUXEN ALGUNHAS FESTIVIDADES. A IDEA É QUE AS IMPRIMADES E NELAS DEBUXEDES E ESCRIBADES AS FESTAS, EVENTOS E ACTIVIDADES IMPORTANTES QUE VADES TER.

ASÍ, PODEDES SEGUIR COA MESMA RUTINA QUE FIXEMOS DURANTE O CURSO.

FELIZ VERÁN!!!

  Ola peques!!

 Hoxe remata este curso tan atípico e diferente. Estes últimos meses foron dun grande esforzo por parte de tod@s.

 A nosa rutina viuse truncada dun día para outro, pero na miña memoria e corazón quedan gravados recordos especiais: novas aprendizaxes, xogos, cancións, conversas nas que me contábades o que vos pasara o día anterior, o abrazo en grupo da asemblea, os debuxos colgados na parede, as emocións experimentadas, as conversas a través do teléfono, os momentos de risa e ledicia…

 Peques, agora toca que disfrutedes do verán coas vosas familias:  xogade, correde, ide á praia, recontrádevos cos amig@s, pero o máis importante de todo, sede moi felices.

 De novo dar as grazas ás familias pola súa implicación e colaboración durante todo o curso: MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

 Vos desexo un moi feliz verán. Vémonos en setembro!!!

 Mil bicos enormes!!! Quérovos moito!!!

 Rocío

  

Vacacións

Aquí vos deixo unhas recomendacións para o verán:

A portada dun caderno de vacacións en galego, para cando estedes aburridos!Risa

Non é obrigatorio pero, sí aconsellable!

Tamén tedes actividades de repaso no blog de PT e por suposto unha serie de libros de letura recomendados pola biblioteca.

Pasádelo moi ben e feliz verán! Beso Beso

MÉRCORES, 17 DE XUÑO DE 2020

Bos días chic@s!

Agora si que empeza a conta atrás para as vacacións deste curso tan raro que nos tocou vivir.

Non quería deixar de agradecervos estes dous anos que estiven con vós traballando, experimentando, rindo, xogando, paseando, lendo, aprendendo...soamente podo recordar bos momentos nos que vos vexo xuntos, axudándovos uns aos outros, acompañándovos e entusiasmados con cada nova proposta (sobretodo se tiña recompensa!Guiño)

Sodes un grupo xenial e esta tempada penso que vos comportástedes como verdadeiros campións.

Nesta batalla contra o COVID fóstedes uns dos que más perdéstedes. Tivéstedes que renunciar ao cole, aos amigos, as actividades , ao voso ocio, a ver a familia....e todo iso sen entender moi ben o que pasaba ao voso redor. Adaptástesvos a unha nova situación para todos de teletraballo, no que tivéstedes unha resposta estupenda. Entendo que agora xa ides algo cansos e non apetecía tanto traballar, pero aínda así, déstedes o que se vos pediu en cada momento.

Se teño que escoller una imaxe de todo este tempo, sen dúbida quédome con esta. Cada un coa súa personalidade, aportando ao grupo cousas diferentes pero igual de valiosas.

Xogade moito ao aire libre, gozade coa familia, seguide practicando esas cousas que aprendéstedes durante o confinamento (cociña, experimentos, bici, construccións...), experimentade, poñédevos un reloxo na man, pagade no súper, calculade pesos...aprendede xogando!

Lede un bo libro, seguro que pola casa tedes algún que aínda non empezástedes. Se pode ser en galego mellor, así collemos un pouco de vocabulario.

Se eu algo aprendín nesta experiencia, foi a valorar o que teño preto, os momentos e a familia e amigos. Que non nos falte eso nunca!

Quérovos moito! A coller forzas este verán para en Setembro recuperar o tempo perdido!

Déixovos uns materiais por si en verán vos apetece traballar un pouquiño! Nas librerías e areas comerciais tamén tedes un montón de cuaderniños de verán moi divertidos.

Vémonos mañá!Guay

MULTIPLICAMOS

https://view.genial.ly/5ee0bfd27da86f0d8c910741/game-juego-de-las-multiplicaciones?fbclid=IwAR02xuHy3s6Mbo28jSdOzpK-auec9znA13yvv-HTISmCNHTqipIhMEg6Yh4

REPASO DE LENGUA

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/02_Lengua/datos/rdi/menu_general.htm

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Boecillo/lengua/Cofre2/index.htm

REPASO MATE

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/Programa/mates_rdi.htm

https://www.arcademics.com/

REPASO CIENCIAS

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/Programa/cono/02recursos.htm

http://www.eresuncientificosabio.csic.es/index.php

OUTRO CONTO

   Ola peques!!

 Como estades? Hoxe vos traio outro conto: "La cebra Camila". Espero que vos guste.

 Mil bicos enormes!!!

Distribuir contido