Iniciar sesión: Acceso

LECTURA

   O venres visitounos a mamá de Duarte para lernos dous contos: "La casa durmiente" y "Paco y la orquesta", dúas historias moi divertidas.

   A primeira delas representámola entre todos e a cada unha/un tocounos unha personaxe: pulga, gato, can, etc. e cando aparecían na historia tiñamos que acostarnos na "cama" coa avoa.

   Na segunda tivemos que adiviñar qué instrumentos estaba tocando Paco e acertamos moitos!!!

   Moitas grazas por vir!!!