Iniciar sesión: Acceso

BRINQUEDIA

Saúdo da ANPA,

Estimadas familias, escribímosvos para informarvos sobre “Brinquedia”.

É un Encontro Escolar de Xogos Tradicionais que este ano celébrase no Concello de Narón o día 27 de Maio do 2017, é un dos maiores eventos galegos de xogos tradicionais. As instalacións onde se desenvolverá atópase pendente de concretar. Antes do 5 de Maio hai que facer a inscripción cos nomes d@s nen@s e adultos que @s acompañarán.

Será un recinto aberto, pódese entrar á hora que cada persoa queira ou poda, podedes ir por libre pero desde a Anpa gustaríanos aproveitar ese día para ter unha xornada máis de convivencia, quedar nun lugar dentro do recinto a unha hora exacta para deixar as mochilas onde cada persoa leve a súa comida, bebida, etc e así despois de xogar pola mañán cando se faga a parada para xantar estaremos tod@s xunt@s e despois continuaremos cos xogos da tarde, si vos apetece xuntarvos con nós cubride os datos e vos iremos informando.

Familia ______________________________________________________

Nº participantes________________________________________________

Teléfono ou Email;_____________________________________________

 

RECORDATORIO ANDAINA

Tamén recordámosvos da andaina o Domingo 23 de Abril pola “Ruta dos Muíños de Esmelle”. Como vos comunicábamos na circular enviada fai dúas semanas é unha ruta de dificultade baixa (ida e volta sobre 1 hora en total). Sairemos ás 11:00h.da AA.VV.de Esmelle  para comenzar desde alí a ruta. En caso de que as condicións meteorolóxicas foran adversas faríamola outro día, si desexades participar enviade esta circular có nome, apelidos e número de teléfono (si xa o fixestes na anterior circular non fai falla).

 

Familia ______________________________________________________

Nº participantes________________________________________________

 

Teléfono ou Email;_____________________________________________