Iniciar sesión: Acceso

ANDAINA MUIÑOS DE ESMELLE

Saúdo da Anpa;

Informámosvos de que o Domingo día 23 de Abril organizamos unha andaina pola “Ruta dos Muíños de Esmelle”.

É unha ruta de dificultade baixa (ida e volta sobre 1 hora en total).

A Anpa subvencionará ver un dos muiños que hai por dentro coa narración por parte dun membro da AAVV “Valle de Esmelle”. Saber e coñecer os traballos que facían os nosos antepasados e o método de vida que tiñan son cousas que nos parecen importantes para que saiban @s nen@s.

Animámosvos a participar coas vosas familias e/ou amig@s, así teremos unha pequena xornada de convivencia en plena natureza, aprendendo, coñecendo e de paso facendo exercicio. 

Sairemos ás 11:00h.da AA.VV.de Esmelle tod@s xunt@s para comenzar desde alí a ruta. Podedes levar a merenda xa que faremos paradas para descansar e contemplar as vistas deste fermoso pobo e o seu entorno.

En caso de que as condicións meteorolóxicas foran adversas pospoñeríamola para outro día.

Como vos podedes esquecer desta andaina ó ter de por medio as vacacións @s nen@s volo recordaremos cunha nova circular cerca da data.

Si desexades participar enviades esta circular có nome, apelidos e número de teléfono para poder organizarnos e poder dar un número de asistentes ó guía ou por si temos que anulala podervos avisar. Si queredes participar pero non sabedes con tanto tempo de antelación si poderedes non hai problema, nolo podedes notificar a semana que enviemos a circular de recordatorio.

 

Familia ______________________________________

Teléfono _____________________________________

Nº de asistentes ________________________________

 

A DIRECTIVA