Iniciar sesión: Acceso

UNHA CONVIDADA ESPECIAL

OLA FAMILIAS!

VOUVOS CONTAR UNHA HISTORIA. ONTE, MÉRCORES, COMEZAMOS O DÍA COA ASEMBLEA QUE SEMPRE REALIZAMOS A PRIMERA HORA DA MAÑÁ E NA QUE FALAMOS DE DIVERSOS TEMAS: COMO ESTAMOS, AS INQUEDANZAS QUE TEMOS, OS NOSOS INTERESES, O NOSO DÍA A DÍA... EN DEFINITIVA, CALQUERA COUSA QUE QUERAMOS COMPARTIR COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.

FOI PRECISAMENTE NA ASEMBLEA ONDE NICO FALOU DA SÚA TARTARUGA ROBERTA. CONTOUNOS COMO CHEGOU Á SÚA CASA, DESDE CANDO A TIÑA, ONDE VIVÍA, O QUE LLE DA DE COMER... PERO HABÍA MOITAS DÚBIDAS SEN RESOLVER, POLO QUE LLE PROPUXEMOS TRAELA Á ESCOLA SE ESTABAN DE ACORDO EL E A SÚA NAI. ACEPTARON A PROPOSTA, POLO QUE HOXE...

RECIBIMOS A VISITA DA TARTARUGA ROBERTA!!!!!Risa

PUIDÉMOLA VER BEN PRETO, INCLUSO ACARICIALA AMODIÑO E POLA CUNCHA.

POR SUPOSTO, CONVIDAMOS ÁS NENAS E NENOS DA CLASE DE 4 E 5 ANOS Á AULA, E NICO, COMO EXPERTO QUE É NO COIDADO DA TARTARUGA, SOLVENTOU TODAS AS DÚBIDAS: ONDE VIVE, QUE COME, CANTOS ANOS TEN, PARA QUE SERVE A PEDRA QUE TEN NO ACUARIO...

ADEMAIS, AMOUSOUNOS O QUE COME ROBERTA E CONTOUNOS QUE LLE GUSTAN, ESPECIALMENTE, OS PEIXIÑOS E GAMBAS.

DÍXONOS QUE A SÚA COMIDA ULÍA UN POUCO FORTE E QUIXEMOS COMPROBALO, POLO QUE ISO FIXEMOS.

E A VERDADE É QUE RAZÓN NON LLE FALTABA! ESTA FOI A NOSA REACCIÓN:

A CONTINUACIÓN, DEMOSTROUNOS COMO EL LLE DA DE COMER CADA DÍA...

E PREGUNTOUNOS SE QUERIAMOS PROBAR NÓS. ADIVIÑADES A RESPOSTA? FOI UN SÍÍÍ ROTUNDO, POLO QUE COA SÚA AXUDA, ASÍ O FIXEMOS.

ASÍ MESMO, AÍNDA TIÑAMOS GANAS DE VELA EN ACCIÓN, CAMIÑANDO POLO CHAN TAL E COMO FAI NA CASA DE NICO. POLO QUE O NOSO EXPERTO PEDIU AXUDA PARA REMANGARSE E...

PODER ASÍ COLLER A ROBERTA SEN MOLLARSE!

TRAS UNS BREVES PASEOS POLA AULA, DEVOLVEU A ROBERTA AO SEU SITIO E AMOSOUNOS UNHAS FOTOS QUE PREPAROU COA SÚA NAI CON MOITO AGARIMO, E NAS QUE PUIDEMOS OBSERVAR O ACUARIO NO QUE VIVE ROBERTA NA CASA DE NICO, UNS PRIMEIROS PLANOS DA TARTARUGA, COMO NICO A LIMPA EMPREGANDO UN CEPILLO DE DENTES...

FINALMENTE, TRAS MOITO FALAR DE ROBERTA, OBSERVALA, IDENTIFICAR AS PARTES DO SEU CORPO (CUNCHA, PESCOZO, CABEZA, OLLOS, PATAS...) E REFLEXIONAR SOBRE AS CORES QUE TIÑA (VERDE, MARRÓN, NEGRO, AMARELO), PUXÉMONOS MANS Á OBRA A DEBUXALA. ESTES SON ALGÚNS RESULTADOS:

GRAZAS NICO POLA TÚA XENEROSIDADE E POR SOLVENTAR TODAS AS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS!

FOI UNHA MAÑÁ XENIAL E CHEA DE APRENDIZAXES! AGARDAMOS QUE TI E ROBERTA DESFRUTARADES TANTO COMA NÓS!Sorriso