Iniciar sesión: Acceso

ULTIMANDO DETALLES

  Esta semana estivemos preparando cousiñas para final de curso. Os nenos e nenas de 5 anos estiveron preparando os seus disfraces para a obra de teatro. 

   Ademais tamén comezamos a elaborar as portadas dos nosos traballos do trimestre, para o cal tivemos que medir os nosos pés e ver cal era o máis pequeno, traballando así a lóxica- matemática, a cal tamén traballamos coa descomposición dos número.

   Os peques de 5 anos subiron á clase de 1º de primaria para coñecer cal vai ser a súa aula o curso que ven e falar cos compañeiros/as que lles explicaron cómo se traballa e que fan.

   E para rematar a semana construimos un barco de papel colaborando co Concello de Ferrol.