Esta semana foi un poico máis cortiña, pero deunos tempo a celebrar o Día das Letras Galegas por todo o alto.
Primeiro realizamos unha parte do experimento. Para iso tivemos que buscar palabras galegas no diccionario e escribilas nun mural xigante. A continuación, plantamos os bulbos de gladiolos na nosa maceta feita cun brick de leite. A videira semana remataremos o experimento, que faremos?
O venres tivo lugar o festival no que contamos coa presenza das familias e bailamos a canción GLU GLU GLU de MAMÁ CABRA. Pero antes axudamos a rematar de montar o maio. E despois...... A XOGAR!!! Había unha morea de xogos populares por todo o patio: carreira de sacos, pesca de peixes, memori, canicas, corda... QUE BEN O PASAMOS!!!