Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS!!

   Esta semana continuamos coñecendo máis sobre o mundo mariño e manipulando elementos del na nosa mesa sensorial como a auga, ademais de xogar cos animais que nel habitan.

 O luns visionamos un corto sobre o acoso escolar e falamos sobre este tema, conmemorando a súa celebración.

 Seguimos con actividades de Educación Responsable, neste caso sobre o valor da amizade.

 Tamén estivemos preparando unha sorpresa que pronto veredes. Guiño

 Traballamos as sumas e restas con peceras e peixes moi saborosos, ao memso tempo que elaboramos uns pingüíns que serán os protagonistas doutra sorpresa que estamos a preparar.   

  Estades moi atentos!!!