Iniciar sesión: Acceso

ESTAMOS DE VOLTA!!

   Despois duns días para recargar as pilas xa estamos de volta. Nada máis chegar vimos que tiñamos unha carta no buzón. Era de Linus, un aquadragon que nos pide axuda para que o coidemos a el e á súa familia e por suposto que o imos axudar. Ahora temos que coidalos e darlles de comer para que medren.

   Ademais celebramos a Semana do libro e como os libros permítennos deixar voar a nosa imaxinación realizamos un debuxo do noso libro favorito para amosarllos a todo o cole. 

  Tamén traballamos a lecto escritura co vocabulario da primavera, tocamos froitas que se converteron en instrumentos na clase de música, nos recunchos decoramos flores de primavara coas pipetas e outros compañeiros/as preferiron completar a táboa do 100.

  O venres levouse a cabo a apadriñamento lector, onde un neno/a maior leulle un conto a un pequeno/a, e por último decoramos o noso marcapáxinas.