Iniciar sesión: Acceso

CHEGOU O NADAL A TERRA ENCANTADA

  A semana pasada chegou o Nadal á nosa clase. O mércores ao chegar vimos que voltara o elfo axudante de Papá Noel que leva víndonos a visitar desde fai dous anos. Esta vez xa comezou cunha das súas trasnadas: tirounos todo un quebracabezas pola clase, iso sí, polo menos saudounos, jeje.

 Ademais tiñamos unha carta no noso buzón na que nos informaba de que ía estar connosco uns días para ver como nos portábamos para despois levarlle un informe a Papá Noel. Iso sí, no o podemos tocar poque senón perde os seus poderes e non pode volver a Laponia.

 Tamén comezamos o calendario de advento no que cada día o encargado abrirá un caxonciño e se resolve a adiviña leva un pequeno agasallo.

  Seguindo coa decoración de Nadal decoramos os calcetín para a cheminea e pintamos unhas piña para a árbore.

  Estamos tamén a decorar as bolsas nas que levaremos os trabllos durante este curso.         

   Outra actividade moi importante que fixemos foi decorar os nosos paraugas para decorar o cole o xoves día 2 no que o centro recollía o premio ao percorrido máis orixinal da carreira ENKI.

   Estes días seguiremos coa temática de Nadal, que trasnasdas nos esperan do elfo?