Iniciar sesión: Acceso

PSICOMOTRICIDADE

   Para traballlar a psicomotricidade fina e grosa hoxe realizamos varias actividades moi divertidas.

  A primeira delas foi que os nosos pitiños (pinzas coas imaxe dun pitiño) tiñan que coller tantos gusanos (limpapipas) como indicaba o dado. Desta forma ademais tamén traballamos o conteo, a clasificación por cores e máis que- menos que.

        

           

   Despois na clase de psicomotricidade, primeiro tivemos que levar un ovo nunha culler sin que caese.

   E a continuación xogamos con pelotas, cada un/unha coa súa para respectar as medidas de seguridade.