Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

EXPERIMENTOS CON AUGA

   Hoxe 11 de Febreiro conmemórase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia e para celebralo realizamos uns experimentos con auga grazas á profe Lidia.

  Primeiro presentounos a mulleres científicas importantes e os seus inventos, moitos dos cales marcan as nosas vidas na actualidade. A continuación realizamos varios experimentos con auga. O primeiro foi o da capilaridade para o cal necesitamos recipientes, auga, colorante alimentario e papel de cociña. O segundo foi o do cacao no que puidemos ver como formaba unha capa enriba da auga, e o terceiro os das gotiñas de auga na moeda.

  Encántanos converternos en científicos.

  Aquí vos deixamos un vídeo resumo. Sorriso

VISITA DA MAMÁ DE NAELA

  Onte recibimos a visita da mamá de Naela que veu facer con nós unha taller de máscaras. Cada un elaborou a súa, os nenos de triceraptos e as nenas de unicornio. Pasámolo xenial e quedaron preciosas!.

  Vos deixamos un vídeo resumo.

   

OUTRA SEMANA DE ACTIVIDADES EN TERRA ENCANTADA

   Esta semana estivo chea de actividades moi variadas. O luns realizamos a carreira pola Paz e despois axudamos a montar o quebracabezas que simboliza este día que se conmemora o 30 de xaneiro. Ademais tamén recollemos os nosos brecols do invernadoiro e rematamos a actividade de arte relacionada co inverno.

  Tamén traballamos a lóxica- matemática a través do método ABN ca casiña de descomposición, o número anteiror e posterior na táboa do 100 e a grafía- cantidade cos policubos.

   Esta semana coñecimos a profesión de cociñeiro/a polo que despois de facer o cupcake coa axuda da mamá de Rita escribimos a receita para que non se nos esqueza.

  Algúns compañeiros/as decidiron estrear o novo xogo que temos na aula. 

  Teredes máis novas a vindeira semanaSorriso

         

                   

      

           

           

VISITA DA MAMÁ DE FRANCISCO

   Hoxe recibimos a visista da mamá de Fran que nos trouxo un conto sobre piratas e logo tivemos que facer unha búsqueda do tesouro. Para iso tivemos que poñernos o parche de pirata e resolver unhas pistas para saber onde estaba agochado o tesouro: un cofre cheo de moedas.

 Pasámolo xenial!! Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

VISITA DA MAMÁ DE RITA

   Onte recibimos a visita da mamá de Rita que veu a facer unha receita con nós. Para iso nos convertemos en verdadeiros/as cociñeiros/as e estreamos o noso gorro. Pasámolo xenial preparando e decorando o noso cupcake. Despois, na merenda, algúns decidimos probalo e outros preferiron levalo para a casa.

  Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

Distribuir contido