Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS. O protagonista foi O Vermiño Verde, a nosa mascota. Cada grupo escribiu a historia do Vermiño e contouna ao resto dos compañeiros.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2017!

Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega demos impulso ó Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Berenguela, a Espiña de Toxo de Manuel María.
Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e decoramos unas medallas/pins conmemorativas deste día.
A mestra Sara, coordinadora do Equipo de Biblioteca, e un grupo de alumnos de primaria traballaron moi duro para preparar a actividade e quedou xenial!

Aquí vos deixamos o vídeo da actividade.

  

Día das Bibliotecas!

Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega, temos como proxecto central a aproximación as lendas galegas. Por iso irémonos achegando a elas ó longo do ano a través das distintas conmemoracións.

 

O venres 21 conmemoramos o Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Sorisco, o Trasgo Comecastañas de Álvaro Cunqueiro.

Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e decoramos uns pins conmemorativos deste día.

Mostrando BeFunky Collage.png

 

HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2016-17

 

Horario da biblioteca

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:30-10:25    BIBLIOTECA   BIBLIOTECA  
10:25-11:20          
11:20-11:50          
11:50-12:40          
12:40-13:30   BIBLIOTECA      
15:00-16:00  BIBLIOTECA        

 

 

Equipo da biblioteca escolar:

- Sara María Aldrán Valcarce. COORDINADORA

- Mª José López Andina

- Mª José Rozas Veiga

- Mª Luisa Casanova Díaz

- Irene Pérez López

- Mª Carmen López Gutiérrez

 

 

It was halloween in Outeiro!!

Durante a semana do 26 ao 30 de outubro o cole vestiuse de Halloween. Os alumn@s de sexto investigaron sobre as orixes e tradicións da festividade e confeccionaron este mural coa axuda de Carlos, o noso profe de prácticas.

 O resto dos peques contribuimos a crear esta atmósfera terrorífica na que estivo envolto o colexio. Podedes ver o resumo de actividades neste video que elaboramos. Esperamos ter moitos máis Halloween e, por suposto, disfrutalos. See you next


Halloween in Outeiro - Kizoa Movie Maker

Halloween!!

 

CONTACONTOS NO DÍA DO LIBRO

O Día do Libro os alumnos e alumnas de sexto de primaria actuaron coma contacontos ante os nenos e nenas de educación infantil. Aquí tedes de mostra a actividade realizada na aula de tres anos.

CELEBRAMOS O HALLOWEEN!

Celebramos o Halloween cunhas fermosas cabazas que decoraban a nosa entrada do colexio.

 

E a biblioteca estaba que daba medo....