Iniciar sesión: Acceso

Contador de visitas

 

contador de visitas

Secretaría

Programa de froita e leite.

 

O noso centro participa no programa escolar de consumo de froitas e leite. Durante esta semana repartirase un brick de leite a cada alumno-a durante a hora da merenda.

ATENCIÓN!!

Seguimos repartindo o brick de leite durante tres semanas máis. (É un programa para levar a cabo durante 20 días) 

FESTIVAL DE NADAL 2018

O próximo venres 21 faremos un pequeno festival no cole para darlle a benvida ao Nadal e gustaríanos contar coa vosa presenza.

Os nenos e nenas de Infantil actuarán ás 11:45h no seu patio e os de Primaria ás 12:00h no salón de actos ( podedes ver as actuacións por orde no adxunto)

O horario dese día será de 09:30h a 14:30h, despois comedor e transporte ás 16:00h.

 

                  BO NADAL!!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Os candidatos elexidos para representar a pais/nais no Consello Escolar nas votacións celebradas hoxe 28 de novembro foron:

JAIME BOO ARIAS

ESTHER IZQUIERDO MARTÍN

Quedando como suplentes:

Mª Carmen González García

Mª Carmen Fariñas López

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Está aberto o prazo para presentar candidaturas ao Consello Escolar ata o venres 16 de novembro. 

O modelo para cubrir está á vosa disposición no centro. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO LIBROS

Pódense consultar os libros adxudicados a cada alumno de 3º, 4º, 5º e 6º no enlace do adxunto.

Os libros entregaranse o xoves 6 e venres 7 de setembro de 12:00 a 14:00h

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO LIBROS

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018-19

OS LIBROS ADXUDICADOS A CADA ALUMNO-A SAIRÁN PUBLICADOS O PRÓXIMO XOVES 5 DE XULLO COAS LISTAXES DEFINITIVAS

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NO CENTRO OS VALES DE MATERIAL E LIBROS, PÓDENSE RECOLLER DURANTE ESTA SEMANA DE 10:00 A 14:00H

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018-2019

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 

Segundo a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG n.95, 21 de maio de 2018) o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria poderá presentar a solicitude para a adquisición dos libros de texto e o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º pode participar no fondo solidario de libros de texto.

Para todo o alumnado de Educación Primaria tamén haberá axudas para adquirir material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes será do 22 de maio ata o 22 de xuño.

A instancia pode obterse no centro ou no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Os datos para ter en conta serán os da Declaración da Renda do 2016 .

Matrícula 2018-2019

MATRÍCULA ALUMNADO CEIP LAVERDE RUÍZ PARA O CURSO 2018-2019

- PRAZO: DO 20 AO 30 DE XUÑO

- DOCUMENTACIÓN:

  • Fotocopia da cartilla de vacinación
  • fotocopia da tarxeta sanitaria
  • 2 fotografías tamaño carnet
  • fotocopia do libro de familia completo ( se non o entregou coa admisión)
  • Se o alumnno/a procede doutro centro aportará certificado de matrícula
  • outros impresos a recoller no centro.

 

O 27 de xuño ás 10:30 haberá unha reunión coas familias dos alumnos que se matriculen en 4º de EI (nenos/as de 3 anos)