Iniciar sesión: Acceso

Contador de visitas

 

contador de visitas

Secretaría

Adaptación das programacións curso 2019-20

 

Co gallo do confinamento e da suspensión da actividade nos centros educativos, a Consellería de Educación acordou que as actividades a realizar durante este último trimestre sexan de reforzo, repaso e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.

A tal efecto o profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación para este terceiro trimestre

 

Os documentos pódense consultar nos anexos desta entrada.

Concurso de narración e debuxo infantil

O Concello de Outeiro de Rei organiza un concurso de Narración e Debuxo Infantil.

Aquí tedes as bases do concurso

Ficha de datos persoais

 

 

Admisión de novo alumnado curso 2020-2021

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, ábrese de novo o prazo de admisión de novo alumnado.

Comezará o luns día 11 de maio e rematará o 18 de maio.

O horario de información ou recollida de solicitudes será de 10 a 14h na conserxería do centro e haberá que gardar as pertinentes medidas de seguridade como:

  • Só poderá achegarse á ventá de conserxería unha persoa de cada vez e terá que levar postas luvas e mascarilla.
  • As demais persoas agardarán o seu turno respetando unha distancia de 2m entre cada unha delas.

 

 

Axudas comedor escolar

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19 

1. A qué persoas vai dirixido?

Ás familias do alumnado que ostentan a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro polo Servizo de Comedor. É dicir, a familias que pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo. 

2. En qué consiste a axuda?

Nunha compensación do custo diario do menu nos días lectivos da suspension do comedor polas medidas adoptadas coa pandemia do COVID-19:                                                    

- 2,50 € por cada día lectivo no casos de alumnado con gratuidade total 

- 1,50€ para o alumnado por cada día lectivo que paga 1€ 

Non se cobran os 4,50€ porque a Consellería só paga a manutención e explica que ese custo suma tamén o persoal, a menaxe, o voluntariado,…  

3. Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: Telemática, de dous xeitos:

- 1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

- 2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.laverde.ruiz@edu.xunta.es  cos seguintes datos:             

o Nome completo e DNI do pai ou nai 

o Tipo de Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

o Nome do alumno/-a e curso:

o Número de conta bancaria: 

IMPORTANTE: Por cuestións de rexistro e para evitar calquera erro é mellor enviar os datos por correo electrónico, pero se precisades axuda coa solicitude e non tedes xeito de enviarnos un correo, teremos atención telefónica no 982828930 de 11 a 13 h  Podemos facelo os Equipos Directivos directamente, pero precisamos os vosos datos. 

 

 4. Qué días cubre esta axuda?  Dende o 16 de Marzo ata o 3 de Abril: en total 14 días lectivos. Pois está a Semana Santa polo medio. Prórroga: se se prolonga outros 15 días cubriría 14 días lectivos. Sería ata o 1 de maio (non incluído por ser festivo) 

 

5. Cómo se vai a pagar? En dous pagamentos: 1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 de abril). 14 días 2º pagamento: se se prorroga a situación de alarma ata o 1 de maio. 14 días 

 

6. Canto tempo tarda en resolverse a resolución? 

15 días: 10 días, para resolver todas as presentacións das solicitudes. E 5 días máis para aboalo. 

 

7. Publicítase a resolución das familias beneficiadas? 

Non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. 

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria. 

 

 

Aula virtual Santillana

Instrucciones para repasar online los contenidos de las diferentes materias de los cursos de 3º, 4º, 5º y 6º

 

Admisión de novo alumnado

Amplíase o prazo de recollida das solicitudes de admisión de novo alumnado ata unha semana despois do reinicio das clases.

 

 

Suspensión das clases

As clases suspéndense dende o luns 16 durante dúas semanas.

Recoméndase que os alumnos tampouco asistan a clase mañá venres.

Permanecede atentos a esta web, ao facebook ou ás notificacións da aplicación Abalar para sucesivas informacións.

 

 

 

Información coronavirus

Información coronavirus para os centros educativos, familias e alumnado.

Pincha no enlace para ver o vídeo informativo e as recomendacións da Consellería de Sanidade.

 

 

Listaxe de admitidos IES Río Miño

Publicada a listaxe definitiva de alumnado de 6º de Primaria que solicitou praza no Ies Río Miño de Rábade para 1º ESO.

Para ver a listaxe emprega o enlace LISTAXE

 

 

 

Admisión alumnado 2020-2021

Solicitude de admisión de alumnado curso 2020-2021:

 

PRAZO:DO 1 AO 20 DE MARZO

 

SOLICITUDE:modelo ED550B

Pódese recoller no centro ou cubrir na aplicación no seguinte enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

DOCUMENTACIÓN:

-Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a

-Certificado de padrón municipal onde consten todos os membros da unidade familiar.