Fondo solidario de libros de texto 2019-2020

 

Abriuse o prazo para participar no fondo solidario e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en Educación primaria e secundaria obligatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-2020.

 

PRAZO: do 21 de maio a 21 de xuño.

INSTANCIA: pode recollerse no centro ou descargarse no enderezo electrónico  https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

A instancia pode entregarse no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.