Os representantes de pais/nais que entran a formar parte do Consello Escolar son:

BEGOÑA FERREIRO VEIGA

SONIA ZAPATA CASTRO

Quedan como suplentes:

Mª Carmen González García e Yolanda Arnés Dudes.

O próximo 28 de novembro terán lugar as votacións para a elección de representantes de pais/nais no Consello Escolar dende as 9:30 ata as 16:00

Poderán votar o pai e a nai, debendo acreditar a súa identidade mediante o DNI ou calquera outro documento acreditativo e deberá marcar cunha cruz un máximo dun nome das candidatas.

 

O alumnado da nosa escola adicou toda esta semana á celebración de actividades relacionadas coa festividade de Halloween, organizadas polos mestres de Inglés. Os pequenos fixeron manualidades, traballaron con cancións relacionadas con esta data especial e profundizaron na orixe deste evento relacionandoo co noso Samaín.

Asemade, os alumnos de 6º elaboraron un menu de Halloween e puideron comer todo o que prepararon na sua aula.

Durante a vindeira semana, o alumnado de 5º e 6º traballará no coñecemento de personaxes de lenda británicos relacionados coa tradición galega.

O NOVO TELÉFONO DO CEIP LAVERDE RUÍZ:

982828930

A ENTREGA  DOS LOTES DE LIBROS FARASE OS DÍAS 7 E 8 DE SETEMBRO

NON COMPRAR NINGÚN LIBRO ATA QUE SAIAN AS LISTAXES DEFINITIVAS ARREDOR DO 20 DE XULLO.

(EN 3º E 5º NON HAI FONDO. PROXIMAMENTE SAIRÁ A ADXUDICACIÓN)

Tags:

Chega o final dun ano académico emocionante e unha revista na que ollalo!

 

 
Tags:

Varios nenos e nenas de 1º e 2º de primaria da nosa escola realizaron unha entrevista a Fran Rei, traballador na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei. Fran ademais de traballar na Casa-Museo foi unha persoa próxima a Manuel María, polo que a entrevista foi moi interesante.

Co fin de achegarnos aínda máis a Manuel María como escritor e persoa deixamos a súa entrevista a un clic!

(Para ver o vídeo en grande fai clic na esquina superior dereita)

Tags:

Co gallo das Letras Galegas levamos a cabo unha chea de actividades.

Realizamos unha exposición á que titulamos: “Contigo Manuel María”.

Nela expuxéronse elementos aportados por toda a comunidade educativa. Trátase de libros e obxectos persoais relacionados con Manuel María (moitos adicados por el). Tamén se incluiron manualidades elaboradas polo alumnado en relación a elementos da obra do autor homenaxeado.

Elaboramos dun mapa no que se mostra o lugar de orixe dos distintos autores ós que se lles adicaron as Letras Galegas ó longo dos anos.

Fixemos un retrato estilo Warhol de Manuel María. Este retrato falilitóunolo unha nai e completárono entre o alumnado de infantil e primaria.

 

Tivemos un contacontos relacionado con Manuel María musicado a cargo de Saleta e Josito da academia de lecer “CoolSchool”. Pasámolo moi ben con eles!

Realizouse un roteiro poético por Outeiro de Rei recitando poemas de Manuel María. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria realizaron uns días antes das Letras Galegas unha ruta por Outeiro de Rei recitando poemas da Obra de Manuel María.

Tivemos un oco musical no que todo o alumnado do centro cantou a canción  de “O Carro”. O alumnado e profesorado do colexio cantou o poema de “O Carro” coa compaña de Antón Castro, integrante dun dos grupos que o musicou: Fuxan os Ventos.

(Para ver o vídeo en grande fai clic na esquina superior dereita) 

 

E por último, a ANPA do centro organizou unha actuación se música e baile rexional impresionante!

Distribuir contido