Recopilación de fotos do ENTROIDO 

O próximo venres 9 de febreiro haberá desfile de disfraces no patio do colexio a partir das 15:00h

Estades todos convidados!!

Os alumnos/as de 6º de Educación primaria deben facer a reserva de praza para o   "IES Río Miño" de Rábade  do 1 ao 15 de febreiro.

Poden cubrir o formulario tamén na web, no enlace

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Entregarase cuberto na secretaría do noso centro, a excepción dos que o presenten en sede electrónica.

Ao termos un programa tan apretado no festivalñ de nadal, quedousenos no tinteiro estas fermossisimas panxoliñas maxistralmente executadas polas alumn@s de segundo A e B. Enjoy them!! Happy new year!!

 

Tags:
Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega demos impulso ó Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Berenguela, a Espiña de Toxo de Manuel María.
Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e decoramos unas medallas/pins conmemorativas deste día.
A mestra Sara, coordinadora do Equipo de Biblioteca, e un grupo de alumnos de primaria traballaron moi duro para preparar a actividade e quedou xenial!

Aquí vos deixamos o vídeo da actividade.

  

Con un pouquiño de retraso, eso si, pero con moita ternura e nostalxia colgo este video que foi confeccionado con moitas risas e diversión nos recreos para que sirva de recordo dos momentos pasados nas nosas clases de inglés. I'll NEVER forget you!!

As clases comezan o 11 de setembro.

Os alumnos-as de 3 anos terán unha xuntanza ás 10:00h e comezan o día 12 co periodo de adaptación.

LIBROS ADXUDICADOS DO FONDO PARA OS CURSOS 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA (VER ADXUNTO)

O resto dos libros deberán adquirilos as familias.

Os lotes de libros repartiranse aos pais os días 6 e 7 de setembro de 12 a 14h

 

Listaxes provisionais dos libros que se adxudican a cada alumno dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (ver adxunto).

As reclamacións atenderanse o venres 7 e luns 10 de xullo.

Os libros adxudicados a cada alumno-a sairán nas listaxes definitivas que se publcarán o martes día 11 de xullo.

Tags:

Neste enlace tedes a Revista Muxicas nº 32 do 2018

Distribuir contido