Iniciar sesión: Acceso

Benvidos ao portal web do CEIP Laverde Ruíz.

E-mail: ceip.laverde.ruiz@edu.xunta.es

Tfno. 982828930-982828931

Resultados enquisa da escola de pais e nais.

Aquí vos deixamos un breve resumo cos resultados da enquisa realizada ás familias sobre a escola de pais e nais do noso centro.

Un saúdo e moitas grazas pola vosa participación.

 Equipo de dinamización da convivencia escolar.

Modelos varios para familias

Modelos para poder descargar :

 

  1. -Solicitude de saída cos pais.
  2. -Xustificación de faltas ó/á titor/a.
  3. -Declaración responsable.
  4. - Autoavaliación clínica do COVID-19
  5. -Autorización de imaxe

 

Os documentos 3 (declaración responsable)5 (autorización de imaxe) hai que envialos ao centro cubertos e asinados nos próximos días.

 

Poden enviarse ao correo electrónico do centro ou aos titores/as dos vosos fillos.

 

Despedida curso 2019-2020

Aquí vos deixamos un vídeo de despedida deste curso.

Agradecemos a realización a David (papá de Martina) e a voz de Chema (papá de Artai)

Agardamos que vos guste!

Que teñades un bo verán!!

 

Adaptación das programacións curso 2019-20

 

Co gallo do confinamento e da suspensión da actividade nos centros educativos, a Consellería de Educación acordou que as actividades a realizar durante este último trimestre sexan de reforzo, repaso e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.

A tal efecto o profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación para este terceiro trimestre

 

Os documentos pódense consultar nos anexos desta entrada.

Información coronavirus

Información coronavirus para os centros educativos, familias e alumnado.

Pincha no enlace para ver o vídeo informativo e as recomendacións da Consellería de Sanidade.

 

 

Abalar móbil

Recordamos aos pais e nais dos alumnos a necesidade de rexistrarse na aplicación abalarMóbil para poder recibir notificacións do centro, ver as notas dos seus fillos, xustificar faltas, ... etc

NOVO TELÉFONO DO CENTRO

O NOVO TELÉFONO DO CEIP LAVERDE RUÍZ:

982828930