Estimadas familias;
Para o mes de marzo hai que botar man de internet para buscar información arredor de mulleres senlleiras no mundo das artes escénicas.
O reto está en intentar cubrir todos os apartados con nomes de mulleres galegas; animádesvos?
Para iso, propoñémosvos que cubrades o cadro coa información que se vos pide, de forma concreta e en galego!
Deberedes entregar a planilla cuberta ás titoras antes do 7 de marzo e gañaredes un novo carimbo na vosa credencial da lingua!