Carreiras Campo a través 2º a 6º EP 09/11/2022

O vindeiro día 9 de Novembro o alumnado dende  2º a 6º de EP participará nunha actividade deportiva xunto con outros centros da zona, nas inmediacións do embalse de Zamáns – Galiñeiro.

Terán actividades varias de convivencia e de orientación así como a devantita carreira local (individual e por equipos) con percorridos dende os 500/700/1200m.

Esta iniciativa está dentro dos proxectos do centro relacionados coa actividade física e a saúde a desenvolver no centro durante o curso 2021/2022.

O alumnado dende 2º ata 6º Primaria sairá do centro sobre as 10:00h e voltarán sobre a 13:00h.

Prégase que traian ese día:

  • Mochila pequena Calcetíns e camiseta de reposto.
  • Calzado axeitado (non botas de auga...é unha carreira)
  • Merenda + Auga
  • Impermeable de pequenas dimensións
  • Aconsellable roupa lixeira que abrigue (poñendo capa sobre capa)
  • Evitar: Plumíferos, roupa grosa e/ou similares

Mencionada competición está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellería de Educación e centros participantes.