Obradoiro SEPRONA: Coidado, prevención e mantemento do Medio Ambiente (13/01 - Toda Primaria)

Mañá Venres 13/01 virá a visitarnos unha brigada do SEPRONA, para comentarnos a súa función na sociedade e concienciar e sensibilizar ao alumnado na importancia do coidado e prevención do Medio Ambiente. Equipacións, actividades, instrumentos de orientación...serán os contidos deste obradoiro que se impartirá a toda educ. primaria en dúas quendas. Tamén traerán diferentes medios de transporte de montaña camión/moto que o alumnado poderá observar e "conducir".