Reto 2: Conto de Medo // Credencial da Lingua

Estimadas familias:

Xa estamos ás portas do Samaín, a primeira gran festa que celebramos no colexio! E como cada ano, lanzamos o RETO 2 da “Credencial da Lingua”;

ESCRIBIR UN CONTO DE MEDO AMBIENTADO OU RELACIONADO CON ALGÚN TIPO DE XOGO OU XOGUETE ( “Atrapado no Parchís”, “ Un boneco desacougante”, “Desplumado no Monopoly”,…por exemplo!). Podedes facer un por familia, utilizando a folla-plantilla que vos enviamos, preferiblemente por unha soa cariña e completalo cun debuxo arrepiante.

A data límite de entrega é o 26 de outubro, e pódese entregar ás titoras en fomato de papel ou enviar unha foto ou pdf do conto ao correo musica@ceipdelaredo.com.

Moitas grazas pola vosa participación! E LEMBRADE QUE TEN QUE ESTAR EN LINGUA GALEGA!

Ademáis, a partires do luns 25 podedes traer unha cabaciña decorada para ambientar o colexio de cara o venres 29, día no que celebraremos o Samaín coa tradicional festa de disfraces de medo! En resumo, estas son as datas clave a ter en conta:

  • CONTO DE MEDO ( RETO 2): ata o 26 de outubro.
  • CABACIÑAS; do 25 ao 28 de outubro.
  • FESTA DE DISFRACES: 29 de outubro.