ANPA: Act. Extraescolares 2021-22

Queridas familias:

Poñémonos en contacto con vós para trasladar a información relacionada coas actividades extraescolares do curso 2021/22.

As actividades extraescolares comezarán no mes de outubro e rematarán no mes de maio. Estas actividades serán xestionadas pola ANPA (cuota 20€ familia/curso) a cal terá unha persoa membro da ANPA para xestionar estas actividades cás correspondentes Empresas ou persoas que realizan as actividades. Para que se realice algunha das actividades, debe haber un número mínimo de nenos, polo que as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. Para garantir a calidade, establecerase un máximo de nen@s por actividade. No caso de que non se cubran as prazas, notificaráselle por teléfono.

Como se comentou na asamblea da ANPA haberá unha actividade por día, a excepción do mércores xa que se conseguiu IUDO gratis, que se realizara no patio de diante ou na Pecera pero sen coincidir có taller de contos que se fará noutra aula. Ó final como non se pode ofertar extraescolares fóra do colexio, xestionouse cós clubes algún tipo de beneficio para os socios da ANPA. As inscricións pódense deixar no buzón da ANPA, tamén se habilitará nos baixos do colexio de (9:15 a 9:30) para entregar a inscrición e coller os flyer dos clubes.

Lembra de facerte socio/a da ANPA 

O PRAZO DE INSCRICIÓN SERÁ ATA O 24 DE SETEMBRO