Entroido 2021

Xa estamos nas porta do Entroido!!! E aínda que as grandes citas do Entroido estén suspendidas, nós non podemos deixar pasar unha ocasión coma esta para festexar e divertirnos.

  1. Para iso, durante toda a próxima semana imos ter que seguir as INDICACIÓNS DO MECO, que nos irá decindo qué temos que traer cada día. Serán cousiñas fáciles, así que agardamos que participedes todas e todos!.
  2. Para rematar a semana, o venres 12 poderemos vir disfrazadas e disfrazados ao cole do que queiramos ( sen accesorios e elementos violentos…) e faremos un desfile no patio do colexio.
  3. Tamén o venres podedes traer un postre típico de Entroido para facer unha merendola a nivel de aula.

Esperamos que vos guste a proposta e participedes con ilusión!

Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística de Laredo.