Obradoiros "Por un Cole Accesible" 20/02 EI+EP

O vindeiro xoves 20 de febreiro, o alumnado do noso centro participará, xunto a alumnado do grao superior de Integración Social do CPR San José da Guía (Vigo), no proxecto "Por un cole accesible" que ten como finalidade achegar e iniciar ao alumnado na lingua de signos española (LSE): 
 
Coñecer a lingua de signos pode resultar moi valioso posto que nos pode permitir comunicarnos con xente xorda ou con dificultade de comunicación oral. Por iso, é importante tela en conta na oferta educativa. 
Da man do alumnado do 2º curso do CFGS en Integración Social, os nosos cativ@s de educación infantil e primaria, iniciaranse na Lingua de Signos Española, aprendendo o alfabeto dactilológico e vocabulario básico a través dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativo.