Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Participa na composición do novo Consello Escolar do centro!!!

De conformidade coa Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros, realizarase proximamente no centro a renovación do Consello Escolar que é o órgano colexiado principal de participación da co-munidade escolar.

Que é un consello escolar dun centro de ensino?

• É un órgano colexiado de goberno e de participación dos diferentes membros da comunidade educativa (nais, pais, alumnado, profe-sorado, personal administrativo e de servizos) do centro escolar.

• A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do funcionamento do centro escolar, para o que precisa da participación de todas as persoas afectadas (nais e pais, alumnado, profesorado, pas). A súa constitución é obrigatoria en todos os centros públicos e tamén nos concertados.

Cales son as competencias do Consello Escolar nun Centro Público coa actual normativa:

• Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do centro (PXA) se prexuízo das competencias do claustro de profesores, con relación á planificación e organización docente.

• Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos. • Participar na selección do director do centro; ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director.

• Decidir sobre a admisión do alumnado;

• Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se atinxan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas. • Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pací-fica de conflitos en todos os ámbitos.

• Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios.

• Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións inter-nas e externas nas que participe o centro.

Cales son os dereitos que temos como membros do Consello Escolar?

• Recibir a orde do día das reunións antes da súa celebración e toda a documentación necesaria, con tempo suficiente, para poder ela-borar as propostas ou intervencións que nos parezan oportunas.

• Participar, opinar e elaborar propostas sobre todas as cuestións que compete resolver ao Consello Escolar

• Recibir información e opinar sobre os libros de texto e os materiais didácticos elixidos polo claustro.

• Coñecer e opinar sobre os resultados académicos e valoración dos mesmos.

• Utilizar as instalacións do centro nas condicións que estableza o Consello Escolar e define a normativa vixente.

• Participar na elección/selección do director ou directora e/ou propoñer a súa revogación. As ANPAS designan directamente un representante no Consello Escolar con voz e voto e, en consecuencia, poden cambialo sen ter que esperar á renovación do mesmo.

 

Os consellos escolares non están para que os representantes de nais e pais presenten cousas particulares ou familiares, senón para defender intereses de carácter colectivo e asumir a representación de todos os pais e nais do centro de ensino. É moi importante que as nais e pais, como membros da comunidade educativa, se presenten ao consello escolar e/ou votemos aos nosos repre-sentantes. Para participar no proceso electivo debemos presentar a nosa candidatura no centro educativo no que están matriculados as nosas fillas e/ou fillos. Rematada a xornada electoral na que participan as nais e pais, como membros da comunidade educativa, realízase o reconto. A nai ou pai que teña máis votos sae elixido e pasa a ser membro do consello escolar.

 

Todas as datas importantes para participar nas eleccións do consello escolar: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/513