Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Visita Illa San Simón "Historia Viva" 5º+6º (19/10)

O vindeiro Venres 19/10/2018 o alumnado de 5º+6º fará unha roteiro guiado a Illa de San Simón para coñecer a historia próxima deste enclave da nosa ría e poder facer un traballo de campo sobre o noso proxecto anual sobre o Século XX.

  • Bus: 09:30h. Saída do CEIP Laredo (Rúa do Peirao, 3 Chapela)
  • Barco: 10:00h. Saída do Porto de Cesantes 
  • Destino: Porto de Cesantes (Avenida Mendiño, Redondela)
  • Regreso ás 12:30h. 

Duración entre dous horas e duas horas e media. Non está permitido comer na Illa.

As merendas faranse no barco durante o traxecto. 

Unha actividade integramente de balde a cargo do Concello de Redondela, grazas a participación do noso alumnado nos plenos infantís.