Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Preparando SAMAÍN: "Malos Malísimos"

Por fin chegou o Samaín... e este ano vai ser realmente terrorífico!

Ímosllo adicar ao CINE DE TERROR do século XX e imos coñecer aos personaxes “malos malísimos” que apareceron neste século e aínda hoxe seguen aterrándonos coas súas olladas...

Para entrar en materia, propoñémosvos que o CONTO DE MEDO deste ano sexa o ARGUMENTO “inédito” dunha película de terror. Podédesvos “inspirar” nalgunha personaxe terrorífica cinematográfica do século pasado: Drácula, Frankinstein, a Familia Adams, Maléfica, o paiaso de It, Úrsula, Freddie Kruger, a nena do Exorcista, Darth Vader,...ou a que queirades!

Agardamos as vosas historias para formar parte do noso “VI LIBRO DE MEDO DO COLE DE LAREDO”. Intentade cinguirvos no posible ao marco entregado e lembrádevos de ilustralo!.

Os contos recolleranse entre os días 24 e 25 de outubro para ser expostos durante o Samaín. Moitas grazas pola vosa colaboración!