Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA: Normas Comedor

Estimadas familias usuarias de comedor:

Queremos recordar todas as normas de comedor para tódolos usuarios que fagan uso do servizo.

  • O servizo de comedor ten un horario de 13:50 a 16:00 h. Pódense recoller ós nenos/as a partir das 15:00 h. Todos aqueles que cheguen despois das 16:00h firmarán un parte de puntualidade que de reiterarse terá consecuencias en coordinación con la dirección do centro.
  • Os pais/nais non poderán acceder ó recinto do comedor por motivos de hixiene. A recollida faise pola porta do comedor, e os dias de chuvia pola porta principal. • Tódolos nenos terán que ter un neceser pequeño cun cepillo de dentes e pasta debidamente identificados.
  • Os nenos/as de infantil poderán traer un mandilón para non mancharse.
  • O recibo de comedor se mandará na mochila dos vosos fillos/as, o derradeiro dia de cada mes, por favor estade pendentes do mesmo. Os de infantil irá na axenda. O pago do comedor farase por transferencia entre ós dias 1-10 do mes seguinte.
  • Recordamos que o comedor ten un aforo de 40 plazas, non se poderá pasar de ese número, por iso, os usuarios eventuais, teñen que ter en conta que algún dia pódense quedar sen plaza dependendo do número de usuarios fixos de ese dia.
  • Todas as faltas de comportamento no comedor ou faltas de conducta coas monitoras terán as súas pertinentes consecuencias en coordinación coa dirección do centro.
  • Os nenos/as que enlacen ó comedor coas actividades extraescolares serán as monitoras as que os entreguen persoalmente ós monitores de cada actividad.