Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Información Inicio Curso 2018-2019

Estimadas Familias comezamos un novo curso cheo de novidades que ao longo do mesmo iremos descubrindo dentro do noso proxecto anual “De volta ao Século XX” onde se pretende facer unha viaxe ao noso pasado recente dende diferentes eidos: político, social , científico, artístico deportivo...un proxecto onde vos brindaremos moitas posibilidades de participación.

1.1 Libros Texto Pregamos que a chegada do Material/Libros de Texto en primaria sexa escalonada. Así como informar que ao longo destas semanas irán chegando os compromisos de cesión/uso daquelas familias que teñan fondo libro.

1.2 Axudas Libros de Texto Lembramos ás familias os diferentes tipos de axudas vixentes:

  • Cheque Escolar Libros Texto + Material: Entregado a principios de Xullo
  • Fondo Libros 3º+4º+5º+6º: Entregaranse ao longo desta semana
  • Axudas Alumnado con Necesidades Educativas Especiais: Ata o 27 Setembro
  • Outras Axudas: ver: http//novocurso.ceipdelaredo.com
  • Concello Material Infantil o Concello Comedor
  • Cruz Vermella o Fundación Amigos de Galicia

1.3 Actualización Datos / Alerta Escolar Insistimos en que cubrades as posibles pequenas modificacións existentes no relacionado os datos do alum-nado , principalmente número de teléfono, así como de ter a posibilidade de cambio de optativa de Reli-xión a Valores e/ou viceversa. As familias que consideren, previo informe do pediatra, dar de alta aos seus fillos en alerta escolar que teñan en conta que este servizo son para casos de gravidade e perigo vital.

1.4 Reunións inicio de Curso 2018-2019 Convócanse a todas as familias do alumnado a xuntanza de principio de curso coas titoras:

  • 18/09/2018 16:30h: Multiusos do centro Educ. Infantil 4 e 5 anos 17:30h: Multiusos do centro 1º Curso + 2º Curso
  • 25/09/2018 16:30h: Multiusos do centro 3º Curso + 4º Curso 17:30h: Multiusos do centro 5º Curso + 6º Curso

Ver Todas las circulares na nosa APP e en : http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/40