Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro de Boas Prácticas na rede CPEIG 5ºEP (13/06)

O vindeiro mércores 13 de xuño o alumnado de 5º de Educación Primaria, participaremos no programa "Navega con Rumbo", enmarcado dentro do programa Abalar, e promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura. Especialistas do CPEIG achegaranse ao noso centro para impartir unha sesión divulgativa cunha duración aproximada dunha hora, apoiada nas Guías de Boas Prácticas, que podedes visualizar e descargar en formato electrónico na web do programa www.edu.xunta.es/navegaconrumbo.

Ademais, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa.