Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Visita IES - 6º EP (14/06)

 

O vindeiro xoves, 14 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria, visitará as instalacións do IES de Chapela para asistir a unha reunión co equipo directivo do mesmo no que tomar o primeiro contacto co novo centro educativo. A actividade está programada para todo o alumnado de 6º curso, asistan ou non a este centro educativo o vindeiro curso escolar. A saída do centro realizarase ás 10:30 horas e o regreso ao mesmo arredor das 13:30 horas. A actividade é de balde.