Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Medidas Preventivas Varicela

Co gallo dalgúns casos de Varicela no centro, enfermidade leve, pregamos as familias con alumnado doente, na medida do posible, teñan en conta as recomendacións do servizo Prevención da Xefatura Territorial vencellado ao centro, o Dr. Luis Esteban Meruéndano coa intención de minimizar o contaxio: 

 

  • ¿Que causa a varicela e cales son os seus síntomas? A varicela é unha infección causada polo virus da varicela zóster. Os síntomas da varicela son: malestar, febre e unha erupción en forma de pápulas agrupadas, que se converten en vesículas e secan. En ocasións pode aparecer prurito. A erupción pode comezar coiro cabeludo, parte superior do tórax, nas costas, nas axilas, no colo ou na cara.
  • ¿É unha enfermidade importante? A varicela xeralmente é unha enfermidade leve, inda que pode producir complicacións serias, como pneumonía e infeccións cutáneas.
  • ¿Como se contaxia unha persoa de varicela? As persoas poden contaxiarse ao expoñerse ás gotiñas respiratorias que saen do nariz e da boca dunha persoa infectada ao toser, espirrar ou falar; tamén por exposición indirecta a través de obxectos contaminados por estas secrecións (compartir unha cunca) ou pola exposición ao fluído das vesículas.
  • ¿Canto tardan en presentarse os síntomas da varicela despois da exposición? De 2 a 3 semanas; comunmente de 14 a 16 días despois da exposición, pero pode presentarse xa aos 10 días e ata 21 días despois da exposición.
  • ¿Cando unha persoa con varicela é contaxiosa? Unha persoa con varicela é contaxiosa dun a dous días antes de que se manifeste a erupción (as veces cinco días) e ata que todas as vesículas estean secas, xeralmente ao redor de cinco días despois de que se presenta a erupción.
  • ¿Quen ten indicada a vacina da varicela?  Os nenos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2015: aos 15 meses. A 2ª dose aos 3 anos.  As persoas de 12 ou máis anos que non pasaran a enfermidade nin estean vacinadas.  Todas as persoas susceptibles (que non pasaran a varicela nin estean vacinadas) incluídas nos grupos de poboación con alto risco de padecer a varicela grave ou as súas complicacións.
  • Nota para os coniventes dos enfermos de varicela: Unha muller embarazada que nunca tivo varicela e non recibiu a vacina contra a varicela, debe consultar co seu médico de forma inmediata se estivo exposta á enfermidade.

No centro, a nivel hixiénico, xa se están tomando as medidas necesarias.