Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Importante: Devolución Fondo de Libros Solidario 3º,4º,5º e 6ºEP (08/06)

Devolucións antes do 08/06/2018

As Familias e o Alumnado son as únicas responsables da correcta devolución e estado dos libros cedidos!

•Familias que percibiron algún tipo de axuda no curso 2017-2018

Segundo a ORDE do 16 de maio de 2018 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros, os centros públicos redistribuirán o seu banco composto polos libros adquiridos/emprestados a aquelas familias que desfrutaron algún tipo de axuda no curso 2017-2018, devanditas familias deberán deixar en depósito os libros en perfectas condicións segundo no establecido na devandita orde, no caso contrario denegarase a axuda para o curso 2018-2019.

Prégamos ás familias que percibiron algún tipo de axuda o actual curso que revisen os libros de texto para que pasen ao devandito depósito en perfectas condicións logo de ser revisados por unha comisión.

• Familias que NON percibiron algún tipo de axuda no curso 2017-2018

Segundo a Orde comentada, o fondo solidarios de libros do centro pode nutrirse de doazóns daquelas familias que mercaron sen axuda os libros de texto. Por todo elo vos animamos doar os libros para un aumento do fondo do centro e a súa redistribución solidaria (segundo renda).

No caso de querer doar os libros vos pregamos que cubrades este formulario e o entreguedes á titora antes do Venres 08 de Xuño.