Teatro Musical "Aladino e la Lampada Marabillosa" 1º+2º 21/05

O vindeiro luns 21 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educaión Primaria, asistirá á Sala Ártika de Vigo para asistir a unha representación teatral que leva por título "Aladino e a lámpada marabillosa". Representada pola compañía Avento Produccións é unha versión musical dun dos máis fermosos contos de "As mil e unha Noites", ambiantada nun Oriente máxico e suxerinte, onde os valores das persoas importan máis que as súas apariencias. Aladino é enganado por Jafar, o malvado visir real, para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Por outra banda, no palacio o sultán trata de atopar un bo príncipe co que casar a súa filla, sen consentimento desta.

Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que, sen sabelo, se necesitarán mutuamente.