Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Venta Flash Estrelas Solidarias...Unidades limitadas!!!

Mañá Mércores 16 de Maio o centro abrirá ás 13:40 e venderemos unha edición moi limitada das nosas estrelas solidarias...só 50 unidades...vaste quedar sen estrela?

Que son as Estrelas Solidarias? Ver info en: http://estrelassolidarias.ceipdelaredo.com

  • 50 unidades moi especiais deseñadas e impresas 3d polo alumnado do centro. 
  • 50 Chapas conmemorativas do proxecto deste ano http://laika.ceipdelaredo.com
  • 50 Certificados de estrelas reais que esperan que lles poñas nome!.

Todo o recadado destinarase integramente a asociación SOGAPS

Venta Flash: 13:40-14:10 ou ata remate de existencias!!!

Esta iniciativa está dentro dun proxecto de emprendemento social da Deputación de Pontevedra cos seguíntes obxectivos: 

  • - Xestión e organización dunha cooperativa solidaria
  • - Idea innovadora e operativa.
  • - Repercusión social e solidaria.

P.D: as persoas que fixeron a súa reserva en liña poderán recollelas no stand de venta!