Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Imos ao XVIII FESTIVAL de Títeres de Redondela Educ. Infantil+1º+2º (14/05)

Os mellores titiriteiros do mundo levarán nos vindeiros días os seus espectáculos á nosa vila. A XIX edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela, ofrece máis de medio centenar de representacións. Entre elas, ás dirixidas aos escolares de Chapela no Multiusos Piñeiral do Crego o vindeiro lunes 14 de maio.

Asistirá o noso alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de educación primaria á representación “Barriga Verde” da man da compañía teatral Viravolta Títeres.

O espectáculo fundaméntase no traballo de investigación que a compañía realizou sobre a figura de Barriga Verde e a actividade titiriteira tradicional galega.

Preséntase como unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX.

Máis info: http://www.viravoltatiteres.com http://festivaltiteresredondela.es/