Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Colaboras na nosa Exposición Fotográfica de ArteLixo?

A próxima semana terá lugar Artelixo en Chapela, e dende o cole aproveitamos para que o alumnado tome conciencia da importancia do coidado do medio ambiente para a preservación dos recursos naturais e desta maneira, ter o hábito de reciclar e promover unha cultura ecolóxica. Por iso pedimos a vosa colaboración participando e enviando fotografías relacionadas coas 3RRR (reciclado,reducido, reutilizado) ou de protesta contra o abandono de lixo na contorna para facer unha exposición.

Os que queiran mandar fotos que se poñan en contacto con frances@ceipdelaredo.com