Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Encontro de Autor: Anxo Fariña 6º EP (05/04)

Mañá Xoves o alumnado de 6º EP contarán coa visita Anxo Fariña, escritor, deseñador, ilustrador de recoñecido prestixio no que a literatura infanto-xuvenil galega se refire. Terá un obradoiro co alumnado sobre a súa traxectoría literaria, influencias, segredos creativos e lugares máxicos da ribeira sacra e costa da morte tan presentes na nosa cultura. Unha oportunidade única e pequeno grupo para emocionarse cun persoeiro da nosa literatura.