Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Convocatoria de Folga 8 de Marzo

 

Diferentes sectores sociais e sindicatos comunicaron diversas convocatorias de folga xeral con diversos tramos horarios para o día 8 de marzo de 2018 a Consellería de Educación, e que afectará todas as actividades e centros de traballo, tanto empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatuario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou na Administración exterior, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 8 de marzo ata as 24.00 do mesmo día.

Están garantidos no centro os servizos mínimos.

Designación nominal dos servicios mínimos:

  • Director: Abraham Domínguez
  • Porteiro/a Vixiante: Inexistente no centro
  • Coidador/a: Inexistente no centro
  • Persoal cociña: Macarena Domínguez

Destacarse que no ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se refire ao servizos mínimos educativos, este non pode ser reducido exclusivamente á actividade docente, xa que, xunto a esta actividade, se realizan outras funcións como son a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, menores de idade, que acoden aos centros docentes públicos, así como o coidado, mantemento e vixilancia das instalacións destinadas ao servizo público educativo (garantidas cos servizos mínimos e respaldadas pola CEOU).