Pasarrúas Entroido 2018

Co motivo de facer o vindeiro 09/02 un día especial de entroido para o alumnado vos animamos a colabo-rar, como todos os anos, entregando no comedor do centro ese mesmo día pola mañá, unha pequena mostra dun postre relacionado con estas datas en:

• Filloas • Orellas • Flores • Rosquillas • Follados (Hojaldres) • Chulas

O alumnado realizará unha degustación de todos eles con actividades musicais varias propias destas datas.

Lembrámosvos que o pasarúas só se realizará en caso de bo tempo:

  • Saída 11:00 am (aprox.)
  • Pasarrúas Chapela de abaixo
  • Entrada no centro 11:40 (aprox.) (só alumnado non acceso familias por actividades a realizar no usos múltiples / motivos de seguridade e aforo)
  • Degustación

En caso contrario, mal tempo, as actividades realizaranse no recinto escolar e as familias, por motivos de seguridade e aforo, non poderán acceder ao mesmo.