Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Teatro en Inglés "Zapping" 4º+5º+6º (15/01)

O vindeiro luns, 15 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación primaria, asistirán ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir a unha representación teatral, en lingua inglesa, que leva por título "Zapping". A obra achégalles á unha interesante reflexión sobre as consecuencias derivadas das eleccións que facemos na vida. Cambiariamos algo se puidésemos dar marcha atrás? Seguro que si. Oxalá Eli tivese escoitado o seu pai. Quizais tivese aprobado o seu exame de ciencias sobre o Sistema solar. E se a relación coa súa irmá fose mellor, tería podido gañar o concurso de talentos.

E se… Sen dúbida, unha hilarante comedia musical representada en inglés pola compañía Blue Mango Theatre, sobre a ciencia, a amizade, a rivalidade fraterna e o respecto cara os demáis.

Devandita actividade estará financiada nun 30% polo centro educativo.