Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Compromiso alumnado/familias admitidas CLUB de CIENCIAS 2017-2018

Mañá Luns 27/11 as familias do alumnado admitido no club de ciencias recibirán a circular compromiso que deberá estar entregada a titora debidamente asinada antes do 29/11..

O Club empezará este Venres 1 de Decembro ás 16h a cargo dun profesional/dinamizador do sector da ciencia educativa. 

As dinámicas das sesións de 60 minutos serán as seguíntes:

  • Información da actividade a realizar na aula.
  • Desenvolvemento dun proxecto/experimento/dinámica científica na aula.
  • Continuidade e finalización do proxecto na casa/familia (en caso de non rematar)
  • Realización de tarefa extraescolar na casa/familia.
  • Rexistro da sesión e avaliación por parte do alumnado na casa/familia (informarase o procedemento).
  • Quincenalmente o profesor responsable do club pasará informes do grao de aproveitamento do alumno/a á dirección/titores do centro.

Os contidos do club versarán sobre os seguíntes eidos STEM, segundo contidos de traballo propostos polas titoras/dirección, a título orientativo:

  • Experimentos científicos con fluídos, obxectos, materias, estáticas...
  • Uso das TIC e fundamentos, impresión 3d, robótica, montaxe e desmontaxe de obxectos...
  • Pequenas construcións de obxectos, ensamblaxes con materias de refugallo/lowcost.
  • Proxectos e dinámicas matemáticas, rexistros medicións, temperaturas debuxo técnico básico e dixital...

A singularidade desta oportunidade implica que as familias e o alumno/a comprométanse a:

  • Ter un comportamento axeitado
  • Realizar as actividades propostas no clube.
  • Realizar as actividades e traballos extraescolares (actividades semanais a realizar na casa/familia)
  • Colaborar con levar materiais/obxectos refugallo/lowcost de maneira puntual para a realización de determinadas actividades.
  • Levar un rexistro puntual das sesións a modo de portfolio personal dixital (cada alumno deberá facer autoavaliacións/valoracións de cada sesión a través do seu correo electrónico/formulario) - Usar de maneira axeitada o equipamento a utilizar (Impresora 3d, tabletas, portátiles, robots...)
  • Asistir de maneira obrigatoria e puntual (salvo casos puntuais debidamente xustificados)

Prégase ler estas normas na familia co alumno/a e firmar o compromiso en caso de aceptación e entregar esta folla sen recortar antes do 29 de Novembro a Titora, en caso contrario entenderemos desistida a súa participación e trasladarase a súa plaza a lista de espera.

Toda a información en http://clubciencia.ceipdelaredo.com