Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Apúntate ao noso "Club de Ciencias: LaredoLabMakers" (20 prazas) 3º+4º+5º+6º

Dentro das dinámicas do centro incluídas no noso proxecto anual “LAIKA”, que pretende traballar o ámbito científico e o universo, presentámosvos a creación do noso Club de Ciencia: LAREDO LABMAKERS en colaboración coa Xunta de Galicia.

FINALIDADE

Traballar as materias STEM (science, technology, engineering y mathematics) en base a proxectos lúdicos de ciencia e experimentación onde haberá un fomento da presencia feminina (discriminación positiva) neste eido científico-tecnolóxico. O alumnado pertencente ao clube, realizará experimentos didácticos (fluídos, materias, ópticos, motrices…) elaborará proxectos baseados nas matemáticas/tecnoloxías e construirá/creará obxectos con diferentes soportes e ferramentas.

PRAZAS

20 prazas alumnado de 3º+4º+5º+6º

DATAS/LUGAR/HORAS

  • De Decembro 2017 a Maio 2018.
  • Todos os Venres de 16-17 h – Usos Múltiples.
  • A cargo de dinamizadores e especialistas do sector. 
  • Actividade 100% subvencionada polo centro educativo

CRITERIOS SELECCIÓN

  • Priorizaranse os cursos 3º+4º+5º+6º por esa orde.
  • Ponderarase o criterio da presenza feminina (tal e como aparecen reflitidos nas bases da convocatoria da Consellería)

NORMAS

  • Establecerase un compromiso de participación das familias ao inicio das actividades do club.
  • A falta dunha sesión sen causa xustificada, ausencia de participación/interese na mesma e/ou condutas inapropiadas causará baixa inmediata.
  • Establecerase unha lista de espera do alumnado que se activara en caso de baixa. 

SOLICITUDES

Mañá Xoves 16 sairá unha circular, a cal ten a solicitude de inscripción
Entrega 17-21/11 - ANPA Macarena horario de mañá 08:30-09:30