Programa municipal de conciliación 2017 Convocatoria Nadal

Dende a Concellería de Igualdade achégannos esta información por se fose do voso interese.
 Este luns, 13 de novembro, abrese o prazo de inscrición para participar no Programa municipal de conciliación 2017 Convocatoria Nadal, que se desenvolverá os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 nas parroquias de Redondela. A ficha de inscrición e a normativa do Programa se pode consultar na páxina web do Concello de Redondela ou solicitalas nas dependencias municipais do Centro de información ás mulleres (CIM). O prazo de inscrición remata o venres 24 de novembro.
 
Tendes toda a información e formularios de descarga no seguinte enlace: